Esta sede electrónica pon á disposición dos usuarios da web sedefondoscomunitarios.gob.es esta breve guía de navegación, onde se explica como se organizan os contidos do sitio e onde se dan normas e recomendacións para o correcto uso da sede.
Consideracións previas
• Para os efectos do establecido na normativa reguladora das sedes electrónicas, considerarase que se está nesta sede electrónica sempre que:
- Na parte superior do navegador se observe:
- Durante a navegación non aparezan ventás emerxentes alleas á sede.
- A ventá ou o contido da sede non estea dentro doutro marco ou similar incluído noutro portal ou sitio web.
Non se estará dentro desta sede, por exemplo, na seguinte situación:
• Considérase que se abandona a sede e, polo tanto, requirirase "volver entrar":
- Cando o enderezo URL https://sedefondoscomunitarios.gob.es/ ... varíe por calquera motivo alleo á navegación da sede; entre outros, escribir directamente na barra de enderezos, seleccionar un marcador, favorito ou similar; pulsar as frechas; recuperar páxinas do historial, aínda que sexan da propia sede, e situacións parecidas.
- Cando transcorran máis de 60 minutos sen actividade do usuario na sede e aínda que esta siga sendo visible.
- Cando se peche o navegador, xa que se perde o acceso a Internet, ou cando se apague o Pc por calquera motivo.
• Para poder utilizar a sinatura electrónica, que se poida requirir nalgúns trámites, o dispositivo de navegación deberá soportar necesariamente "javascript".
• Se o equipo do usuario estivese infectado con algún virus, troiano, verme ou calquera outro tipo de programa que afecte a seguridade, o aparente funcionamento incorrecto non será asumido polos responsables da sede. Para tal efecto, recoméndase o acceso a: http://www.osi.es/ (A Oficina de Seguridade do Internauta (OSI) é un servizo do Goberno español para proporcionar a información e o soporte necesarios para evitar e resolver os problemas de seguridade que poden afectarnos ao navegar por Internet).
Navegación
Ao entrar na sede electrónica, observarase un aviso de benvida que ratifica a entrada correcta na sede electrónica..
A páxina principal mostra as seguintes opcións de navegación:
Na cabeceira, móstranse as distintas linguas nas que se ofrecen os contidos da sede e pódese cambiar entre elas.
Ofrécese un buscador que actuará dentro dos contidos e lingua específica da sede..
No extremo superior dereito, pódese observar a data e a hora na que se entrou na sede e data e hora do servidor en que se aloxa a devandita sede. Actualizando a páxina, pódense comprobar en todo momento as correspondentes data e hora.
A data e a hora da sede é a que terá validez legal e non a do equipo dende o que se realice o trámite.
O usuario da sede electrónica pode elixir navegar a través do menú esquerdo ou dos seguintes enlaces que aparecen no corpo central.
- Servizos electrónicos Catálogo de servizos aos que poden acceder tanto os interesados coma os seus representantes legais.
- Estado de tramitación dos procedementos Consulte a situación de tramitación do seu expediente de incentivos rexionais e fondos comunitarios.
- Notificacións telemáticas Servizo a través do cal os interesados poderán recibir as notificacións e comunicacións administrativas referentes aos expedientes de incumprimento do proxecto de incentivos rexionais e dos procedementos de reintegro de fondos comunitarios previstos na Lei 38/2003, xeral de subvencións..
- Información sobre incentivos rexionais e fondos comunitarios Consulte información de interese sobre os incentivos rexionais e fondos comunitarios.
- Normativa Coñeza a normativa aplicable en materia de incentivos rexionais e fondos comunitarios.
Para utilizar os servizos electrónicos que se ofrecen, é necesario dispoñer de DNI electrónico ou doutro certificado electrónico recoñecido de entre os incluídos na lista de certificados admitidos.
Cando o equipo do usuario dispoña dunha impresora conectada e correctamente configurada, pulsando sobre Versión imprimible obterase, sobre papel, o contido actual correspondente.
Ao pulsar sobre os enlaces do marco central dereito, accédese a outros contidos e abandónase a sede, mesmo aínda que se acceda en pestana ou ventá nova..
Ofrécense aquí, no marco central dereito, accesos a outras sedes, como a do Ministerio e a do servizo 060. Por último, ofrécense accesos a outros portais: Portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios, portal da Administración orzamentaria e portal do Ministerio.
Como saber onde estamos?
Na parte superior da zona central da páxina, móstrase un encabezamento ou «menú de migas» que identifica onde se atopa o visitante da sede e o percorrido feito ata a páxina que se está a visualizar; todas as partes deste encabezamento son enlaces que permiten a navegación.
Elementos de pé de páxina
- Normativa reguladora da sede: a que estea vixente na data indicada na sede.
- Información sobre o rexistro electrónico do MINHAP: Información que sobre o rexistro electrónico do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, accesible dende esta sede, se publica na sede electrónica do devandito Ministerio.
- Sistema de verificación da sede: en todo momento se poderá comprobar a autenticidade da sede..
- Sistema de verificación de selos de órganos: permitirá verificar os selos para actuación administrativa automatizada do órgano titular da sede, cando os haxa..
- Sinatura electrónica: información sobre os sistemas de sinatura electrónica soportados pola sede.
- Verificación de documentos electrónicos de incentivos rexionais e de fondos comunitarios: facilitará a verificación da autenticidade dos documentos á disposición do interesado nun procedemento dos previstos na sede, mediante o acceso á URL e a introdución do código electrónico que figure no propio documento.
- Calendario: acceso a información sobre días inhábiles para os efectos do computo de prazos.
- Queixas e suxestións: para a presentación de queixas e suxestións.
- Cartas de servizos: descrición dos servizos ofrecidos polo órgano titular da sede.
- Vías de comunicación: como comunicarse co órgano titular da sede por outras vías..
- Guía de navegación | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa | Contactos: acceso ao presente documento, cumprimento coas normas de accesibilidade, aviso legal sobre os contidos, mapa da sede e enderezos de correo electrónico para consultas.
- Estándares de Internet que cumpre a sede: